FAMILIA

O meu nome é Tamara.

Son a segunda xeración dun obradoiro familiar.

Os meus pais, Darío e Elia, que xa levaban tempo traballando na panadería e repostería artesás, no 1986 decidiron abrir o seu propio negocio, Panadería Darío, ao que sempre estiven vinculada dun xeito moi directo e especial. A panadería comezou sendo un espazo de xogo, no que gozaba co meu irmán, familia e amigos; mais co paso dos anos rematou por converterse nunha elección de vida.

valores

No rural, en familia, elaborando produtos artesáns de calidade, respectando o territorio que habitamos, gardando das tradicións, como o son as «Galletas de Xián»

CALIDADE

Seleccionamos os ingredientes da máxima calidade e proximidade para obter o auténtico sabor de sempre.

Contamos cos selos de Artesanía Alimentaria e Galicia Calidade, recoñecementos que certifican a excelente calidade das nosas galletas, tendo en conta os produtos que utilizamos, as nosas elaboracións tradicionais e o rigor co que traballamos. Isto fai que as nosas galletas sexan un produto alimentario galego de calidade diferenciada.

Estamos asociados a Slow Food, un movemento que actúa para garantir alimentos bos, limpos e xustos, e tamén a AGOAAP, unha asociación que ten como obxectivo dinamizar e potenciar o consumo de produtos alimentarios artesanais.