legado de sabor
Galletas de Xián
Receita Orixinal
Sacrapastas, auténticas embaixadoras doces da Ribeira Sacra.
SACRAPASTAS
..Somos un obradoiro familiar vencellado dende o ano 1986 á panadería e repostería artesás. Creamos a marca Sacrapastas para custodiar e poñer en valor as tradicións doces do noso territorio, coidando os procesos de elaboración, elexindo para iso as mellores materias primas, aquelas de máxima calidade e cercanía.
Unha tradición centenaria
En Sacrapastas elaboramos a receita orixinal das Galletas de Xián, a que nos transmitiron as verdadeiras protagonistas da historia, as mulleres que facían estas pastas de manteiga con ingredientes naturais nas súas casas.
Esta receita nace na parroquia de Xián, en Taboada e pasou de xeración en xeración ao longo de máis de cen anos ata o día de hoxe.



