ARTESANIA ALIMENTARIA

O auténtico sabor de sempre, que sorprende en cada bocado, agóchase no saber facer e na aposta por unha coidada selección de ingredentes donde prima a calidade e a proximidade: fariña sen aditivos, ovos campeiros de km0, manteiga galega de calidade, azucre e raspa de limón. Moitas veces as persoas cando proban as nosas galletas, dinnos que lles evoca a un tempo, un lugar, a un sentimento, á casa das súas nais ou avoas, cando facían as galletas de manteiga de toda a vida. Esa é a verdadeira autenticidade da nosa galleta.

Produtos naturais

A receita de sempre, herdada das pioneiras; as materias primas máis naturais, frescas e de alta calidade; a ausencia de aditivos, conservantes nin colorantes artificiais; o sabor caseiro e tradicional e a delicada produción realizada manualmente, dende o amasado ata o empaquetado final, reiteran o indiscutible carácter artesanal das Sacrapastas.

Contamos co Selo de Artesanía Alimentaria, selo de calidade e identidade agroalimentaria, promovido pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria. Un recoñecemento que pon en valor a excelente calidade dos produtos que empregamos, as nosas elaboracións tradicionais, a orixe artesá das nosas galletas e que asegura que as Sacrapastas son un produto alimentario de calidade diferenciada.

 

Tamén co selo Galicia Calidade que distingue aqueles produtos que polas súas características, como a súa elaboración en Galicia, a súa materia prima ou o seu deseño galegos, merecen esta distinción, unha vez contrastada a súa calidade mediante as auditorías de control.
Como marca de calidade certificada, é un compromiso cos clientes e/ou usuarios que garante que estes produtos e cumpren cos requisitos prometidos e pódense consumir con total confianza.