Embaixadoras doces do territorio
Moito máis ca unha sobremesa. As nosas Sacrapastas, non só deleitan o padal, senón que tamén evocan a rica herdanza
cultural da zona, conseguindo resistir o paso do tempo e manterse vixente nas mesas de sucesivas xeracións de familias, convertíndose nun emblema da cultura gastronómica e símbolo da identidade. A nosa actualización integral das tradicionais pastas de manteiga de Xián, configúraas como dignas representantes e portavocesdoces da Ribeira Sacra.
Galletas Sacras
Os elementos románicos das diferentes igrexas da Ribeira Sacra son a nosa fonte de inspiración para o deseño dos patróns xeométricos das galletas e da propia presentación e embalaxe. Creamos unha liña de vinte e catro formas xeométricas na que os arcos, bóvedas e rosetóns da arte románica son os principais motivos de referencia. Vinte e catro razóns para descubrir un territorio ateigado de arte sacra en cada recuncho.
Inspiradas na beleza dunha terra máxica, abondosa en riqueza natural e cun prolífico imaxinario cultural
O carácter delicado das Sacrapastas, e a riqueza do magno imaxinario que transportan, transmítese nunha coidada estética das embalaxes inspiradas nesta terra de impoñentes paisaxes, con importantes
bosques de árbores autóctonas, cos ríos Miño e Sil, debuxando a silueta da Ribeira Sacra. Terra tamén de lendas e mitoloxías, onde se moven os Xacios ou homes peixe e onde as Xacias, sereas dos ríos, namoran aos barqueiros. Así, as ondas do río presentes nas nosas galletas, e a Xacia e as follas de carballo, erixidas en imaxe de
marca de Sacrapastas.
